martes, 16 de febrero de 2016

SEMANA DO AGARIMO



Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca imos festexar a “Semana do Agarimo”. 

Animámosvos a participar con nós depositando no buzón que atoparedes na entrada dende o día 17 ata o 26 de febreiro, unha carta destinada a alguén do cole.
Con esta actividade queremos potenciar a escritura en lingua galega, fomentar a boa convivencia entre o alumnado e ensinarlles a importancia de expresar os sentimentos.
O contido da carta pode ser unha poesía, un caligrama, un debuxo, unha canción ou calquera cousa que se vos ocorra. Iso si, deben estar en galego.
Lembrade poñer na parte de atrás da carta a quen vai dirixida para poder entregarlla ao seu destinatari@.

No hay comentarios:

Publicar un comentario