domingo, 22 de junio de 2014

BIBLIOPUNTOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

O venres, día 20, rematamos o curso e tamén rematamos as actividades da biblio do curso 2013 - 14 coa proclamación do máis león ou máis leona e a entrega de agasallos para @s máis lector@s.
Había moitísima espectación porque non se coñecía o nome d@ gañador/a.
Resultou que había parella!!!
A máis leona foi SARA, empatada con DANI PORTOMEÑE, o máis león.
A continuación, houbo entrega dun montón de agasallos porque tamén había un montón de cartillas cubertas.
Ao final, entrega de regalos a tod@s @s alumn@s de INFANTIL, de 3, 4 e 5 anos porque este trimestre leron moitísimo.
E con esta noticia, despídome ata setembro.
Pasade moi boas vacacións e disfrutade lendo un bo libro, tanto @s maiores coma @s pequen@s.
CASCABEL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario