miércoles, 19 de marzo de 2014

NA SEMANA DE....

Durante este curso, os alumn@s de Ed. Infantil de 4 anos están levando a cabo unha experiencia moi chula. Co fin de coñecerse todos un pouquiño mellor, cada semana un deles é o protagonista e comparte con todos fotografías,os xoguetes que máis lle gustan, explica como é a súa familia,... Ademáis, convidamos aos seus pais a realizar durante esa semana unha actividade co grupo-clase, reforzando así as relacións familia-escola que tan importantes nos parecen.
Os papás estanse involucrado moito e están saíndo experiencias xeniais.
En concreto queremos ensinarvos esta por estar relacionada coa animación á lectura. Os pais de Carla e Jaime viñeron acompañados dunha amiga moi especial. Un esquío que lles contou aos nen@s o conto de "Las ardillas y el optimismo". Queredes ver algunhas fotiños? Pois aquí vos van!!
REBECA BLANCO's Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario