martes, 18 de diciembre de 2012

O NOSO BELÉN DESTE ANO...

... eche un tanto orixinal, non si? Acorde co noso proxecto do zapatiño.
A mula e o boi...
Despois das últimas novas, os pobres xa non saben que facer. Imos ou quedamos?

lunes, 17 de diciembre de 2012

OUTRA OLLADA

O xoves visitounos Antonio Rodríguez Menéndez.
Antonio é mestre, actor, animador cultural, escritor e moitas cousas máis.


Estivo con nós, na biblioteca, durante dúas horas e nese tempo fíxonos mirar os libros e a súa lectura doutro xeito e, por suposto, conseguiu que as dúas horas pasaran sen darnos conta.
E tamén fíxonos rir un montón!!!

(Se queredes saber algo máis sobre Antonio e o seu traballo, tecleade o seu nome completo en calquera buscador e conseguiredes información dabondo).

viernes, 14 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12, do mes 12, ás 12 horas, sumámonos á homenaxe a CELSO EMILIO FERREIRO que se celebrou en moitos colexios de Galicia.
Aquí está a sesión de recitado dalgúns dos seus poemas que fixemos na biblioteca.
Rematamos coa audición de "Irmaos", cantado por Fuxan os ventos.




martes, 4 de diciembre de 2012

TEATRO NA NOSA ESCOLA

Aquí temos outra vez ós nosos alumnos de 6º representando o conto do rato de campo e o rato de cidade. Que artistas temos!
E tan contentos quedamos que xa sabedes que estamos esperando a seguinte obra. A ver con que nos sorprenden!

sábado, 1 de diciembre de 2012

RECOMENDADOS PARA NADAL

Xa que estamos en DECEMBRO, aquí vos deixo os títulos das lacturas recomendadas para todas as idades. Espero que teñades en conta estas ideas que vos deixo aquí cando chegue o momento de escribir "A CARTA" coas vosas peticións. Saúdos navideños. CASCABEL.

RECOMENDADOS TERCEIRO CICLO

RECOMENDADOS SEGUNDO CICLO

RECOMENDADOS PRIMEIRO CICLO

RECOMENDADOS INFANTIL

martes, 27 de noviembre de 2012

domingo, 25 de noviembre de 2012

Caraporquiña Vermella

O pasado venres, día 23, visitáronos os monicreques "Tres Globos", que nos representou a obriña "Caraporquiña Vermella". Todo un éxito. Aquí tedes as fotos que quitamos, non todas están moi claras, pero ben se ven as caras dos máis pequenos. Que ben o pasaron!!!
Caraporquiña Vermella

martes, 20 de noviembre de 2012

XA TEMOS LISTO O CADERNIÑO DOS NOSOS ZAPATOS!!! Agora só queda enchelo dos vosos traballos. Aquí vai, quentiño do forno. Unha aperta. Cascabel.

lunes, 19 de noviembre de 2012

CONTO: "Os Tres Porquiños"

Aí vos vai un conto protagonizado, dirixido e producido polos propios alumnos de 6º. Todos uns artistas!












sábado, 3 de noviembre de 2012

DÍA DAS BIBLIOS

Celebramos o Día das Biblios coa primeira volta de apadriñamentos e amadriñamentos neste curso.
Mirade que xoias de padriños, madriñas e afillados!

viernes, 2 de noviembre de 2012

AS MOCHILAS VIAXEIRAS 2012-2013






                                    
                                    





                                      
 



jueves, 27 de septiembre de 2012

FESTA DE BENVIDA (en fotos)

Froitos do outono
FESTA  DE  BENVIDA

 
Que ricos!


E empezamos os xogos!










 


Así deixaron os pequenos as mazás.
E se queremos comer... hai que mollarse!



E seguimos xogando.



Rematamos coas carreiras.






E hora de repoñer forzas cos doces preparados polas familias. Ummmm! O que alí había!




Os expertos votan o seu doce preferido.




E aquí rematou o día. Vai sendo hora de recoller e ir para casa... a xantar?