martes, 10 de mayo de 2011

ESTE VENRES VISÍTANOS XOAN GARCÍA


Xoán García López naceu en Barallobre (Fene) en 1942 e vive en Neda desde 1964. Foi traballador de Astano. Remata a súa vida laboral na empresa Endesa das Pontes de García Rodríguez.
En Holanda comezou a escribir poesía e colaborou en varias entidades daquel fermoso e acolledor país. Alí foi colaborador do xornal (da emigración) La Región.
De volta a Galicia, en Neda, foi cofundador de A.VV. Vila de Neda, sendo responsable da revista “Voceiro da Vila” e participou como voz na rondalla “Lucero del Alba”.
Desde o ano 1983 e ata o ano 2003 foi concelleiro de Neda, levando case sempre a área de cultura.
Organizou e participou en varios ciclos poéticos-musicais e recitais de poesía. O grupo folk Zoar do Vento ten musicados unha ducia dos seus poemas. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en dúas ocasións (1996 e 1998). Actualmente colabora con varias revistas culturais e escribe os seus artigos en "La Ventana", do Diario de Ferrol.
Ten editados varios libros:
Poesía.- “Os catro tempos” e “Arado de Pau” (1966) recollidos no libro “Ao pé do río Belelle”; Maríaneda (1998); “Poemas da beiramar” (1999); “Buxaina de sentimentos” (2000); “Voz” (2001); “Abonda coas palabras” (2003); "Ronsel de lúa espida" (2005).
Literatura infantil.- “Ameixa Fina e Patexo” (2000); “Faragullina” (2002)
 Narrativa.- “Leite callado”, obra curta, adaptada ao teatro por Carlos Basoa co título de “O avó”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario