miércoles, 24 de abril de 2024

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, Día do libro, que mellor maneira que festexalo cuns apadriñamentos lectores! 
Bo tempo, unha manchea de libros e novos vínculos de amizades entre grandes e pequenos. 
É que se pode pedir algo máis?
Este día déixanos imaxes tan fermosas como as que podedes ver a continuación.

   

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!

jueves, 18 de abril de 2024

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Hoxe no recreo tocou taller de papiroflexia coa nosa mestra Keshly de 2º de primaria. Grazas a ela, que nos explicou paso a paso a actividade, puidemos elaborar unhas fermosas caixiñas de papel. Moitas grazas Keshly!!

miércoles, 17 de abril de 2024

PASANDO A BÓLA. XOGANDO PARA CAMBIAR






Hoxe, todo o alumnado do cole asistiu a un obradoiro sobre o acoso escolar, "Pasando a bóla".

Esta actividade que ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying e fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións. A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio, construíndo xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.

Neste encontro con Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos", coa colaboración do alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de primaria como actores e actrices, traballamos sobre escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso escolar. Trala presentación destas esceas, todo o alumnado converteuse en parte activa do proceso, aportando solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.


martes, 12 de marzo de 2024

8M, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 





Para conmemorar este día ademais de preparar unha selección de libros de interese, aproveitamos para investigar sobre algunhas mulleres que deixaron pegada ao longo da historia.

Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos realizados.










Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria elaborou un podcast para explicarnos cal é a orixe do 8M. Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Orixe do 8M

viernes, 23 de febrero de 2024

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Para conmemorar o día de Rosalía o alumnado de infantil asistiu á biblioteca a un recital de poemas.



Tamén elaboramos uns fermosos marcapáxinas. Mirade que chulos quedaron!




 




 
Por último, o alumnado de 3º de primaria elaborou un podcast de recitado de poemas. Se queredes volver a escoitalo pulsade no seguinte enlace. Recitamos a Rosalía.

domingo, 11 de febrero de 2024

11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER NA CIENCIA.NO MORE MATILDAS

Aproveitando a celebración do Día da muller na Ciencia, queremos compartir con vós unha información moi curiosa. Sabedes que é o Efecto Matilda? Mirade o seguinte vídeo e o descubriredes.


                      

Dende o noso cole, queremos unirnos a este movemento de No more Matildas. Por iso, o noso alumnado de 6º está a participar nunhas xornadas de Inspira Steam. Trátase dun proxecto para o fomento da vocación científico-tecnolóxica a través das STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) enfocado principalmente ás nenas, para paliar a desigualdade que existe nestes ámbitos motivada polos estereotipos de xénero.

Ademais, aproveitamos para coñecer e dar visibilidade a científicas tanto do ámbito galego coma do internacional. Para iso, o alumnado de 4º de primaria elaborou un podcast con información sobre algunhas mulleres que cos seus descubrimentos deixaron pegada na historia.
Anímate a coñecelas picando no seguinte enlace! Mulleres científicas.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

RECOMENDADOS DE NADAL

Deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para este nadal e aproveitamos para desexarvos a todos unha moi felices festas.

BO NADAL!!

Recordade que se queredes ver ben as imaxes debedes de facer clic sobre elas.